Friday 29 de March de 2024

Laxe acolleu este sábado a I Xornada de Pesca Artesanal ‘A lonxa do mar de Laxe’


• O obxectivo principal da iniciativa, organizada pola Confraría de Pescadores da vila, foi promover o funcionamento da lonxa así como os produtos do mar.

• Desenvolvéronse varias actividades gastronómicas e de concienciación sobre o consumo de peixe e os beneficios para a nosa saúde.

Este sábado tivo lugar a I Xornada de Pesca Artesanal ‘A lonxa do mar de Laxe’, organizada pola Confraría de Pescadores da vila para poñer en valor este tipo de pesca, moi vencellada á tradición familiar, e resaltar a calidade dos produtos do mar.

A iniciativa acolleu diversas actividades de 10:00 a 21:00 horas, destacando unha mesa redonda sobre o consumo e de peixe e os beneficios para a nosa saúde, unha poxa simulada na lonxa, talleres gastronómicos dirixidos aos máis pequenos e pequenas e dous showcooking.

Esta I Xornada de Pesca Artesanal púxose en marcha a través do proxecto ‘Mar de Laxe’ e contou coa colaboración do GALP Costa da Morte, a Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca).

Desde o goberno local agradecen todo o traballo realizado pola Confraría de Pescadores e demais persoal implicado por “seguir loitando para que Laxe non perda as súas tradicións nin a súa esencia de pobo mariñeiro”.